BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//DivulgACCIÓN - AGCCCT - ECPv4.6.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:DivulgACCIÓN - AGCCCT
X-ORIGINAL-URL:http://divulgaccion.org
X-WR-CALDESC:Events for DivulgACCIÓN - AGCCCT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20181201T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20181201T190000
DTSTAMP:20260627T203615
CREATED:20181125T194226Z
LAST-MODIFIED:20181125T195104Z
UID:7355-1543662000-1543690800@divulgaccion.org
SUMMARY:Divulgacción no Culturgal 2018
DESCRIPTION:Divulgacción\, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica\, estará de novo na feira das industrias culturais máis importante: Culturgal\, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro. \nDivulgacción estará o sábado día 1 de decembro\, tanto pola mañá como pola tarde. Pola mañá estaremos con obradoiros na zona chamada “Espazo infantil”\, pero ollo! son para todos os públicos. Compartiremos espazo e ciencia á feira cos nosos compañeiros do CSIC. \nPola tarde estaremos contando ciencia baixo paraugas: ciencia baixo un sete parroquias. Busca os globos prateados e atoparás diferentes paraugas soltos pola feira. Se tes resgardas nalgún deles poderás escoitar interesantes charlas de ciencia. \nEste é o programa completo: \nDe 11 a 14.00h\, no Espazo infantil – OBRADOIROS \nObradoiro dos enigmas\nObradoiro lúdico para nenos/as maiores de 7 anos (incluídos) onde se resolverán varios enigmas\, retos\, misterios\, problemas de lóxica\, … dende un punto de vista científico. Con Jesús Fernández e Ana Margarida Rodríguez de Ciencia en Movimiento. \nBiotecnoloxía na cociña\nEmpregando ingredientes que podes atopar en calquera cociña\, illaremos o material xenético que contén as instrucións para facer un amorodo. Ademais amosaremos como os lévedos nos axudan a comprender mecanismos fundamentais da Bioloxía. Con José A. Costoya e Miguel González\, do CIMUS. \nVideo xogo MatHex\nPresentación do video xogo MatHex: http://www.usc.es//gl/proxectos/mathex/\nO xogo foi deseñado no marco do proxecto “MatHex (FisiHex\, BioHex\, QuimiHex …) juego\, estrategia y conocimientos” financiado ca colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia\, Innovación y Universidades\, e a Universidade de Santiago de Compostela. O videoxogo ten como obxectivo achega-la ciencia a todo tipo de público.\nA dificultade do xogo é axustable para adaptarse a tódalas idades\, desde a infancia ata a universidade\, ou para o público xeral. A base do videoxogo consiste nun taboleiro formado por hexágonos\, como no clásico xogo de mesa HEX\, combinado con preguntas. Con Elena Vázquez Abal\, da facultade de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. \n  \nDe 17:00 – 19:00h\, Actividade Itinerante polo recinto do Culturgal – CHARLAS DE CIENCIA BAIXO UN 7 PARROQUIAS \nVarios paraugas andan soltos pola feira! Se te resgardas debaixo deles poderás escoitar interesantísimas charlas de matemáticas\, neurociencia\, oceanografía ou microbioloxía e humor cun toque de ciencia. \nBaixo os 7 parroquias poderás atopar a Jesús Fernández Alonso e Ana Margarida Rodríguez da Costa (Ciencia en Movemento)\, Casto Rivadulla (neurociencia\, Universidade da Coruña)\, Elena Vázquez Abal (matemáticas\, Universidade de Santiago de Compostela)\, Francisco Rodríguez (Instituto Español de Oceanografía)\,  Conchi Sánchez\, Puri Covelo e Anxela Aldrey (Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia)\, ou a Luisa Martinez (Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia) entre outros. Non deixes pasar esta oportunidade para falar de ciencia da man dos socios de Divulgacción. busca os globos prateados! \n
URL:http://divulgaccion.org/event/divulgaccion-no-culturgal-2018/
LOCATION:Rúa Alexandre Bóveda\, s/n\, Pontevedra\, Pontevedra\, 36005\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/png:http://divulgaccion.org/wp-content/uploads/2018/11/Cartel_Culturgal_2018_Dvulgaccion.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR