O grupo DIVULGATIA do Dpto. de Física Aplicada da Universidade de Vigo, por quinto ano consecutivo, convoca o “5º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta”, que ten como obxectivos contribuír ao fomento da cultura científica e concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galicia.
Te
mática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia, e achegarse ao traballo e ás profesións de científicos e tecnólogos.
A quen vai dirixido? A todos e todas. Hai catro categorías: Público en Xeral, alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos. O primeiro premio en cada categoría consiste nunha tablet.
O prazo para o envío dos traballos remata o 16 de novembro de 2012.
Mais info en http://cienciaqueconta.wordpre