Eles non éramos nos
Non era Roma, nin as lexións, nin o imperio. Era o pobo, neste caso o pobo de Lira. O pobo de Lira que representaba o seu aquel defendéndose do desembarco romano. Pero non chegaron as lexións romanas por terra? Si, pero na imaxinación desta xente estaba Catoira e o desembarco vikingo. O alleo sempre chegaba nestas terras por mar.
Na xornada do Punto Científico pola mañán estivemos na Torre dos Mouros, un recinto amurallado tardomedieval, e dicer, moi metido no máis escuro da idade media.
Os lirotas celebraban a resistencia do pobo nunha Torre dos Mouros imaxinaria levantada “ad hoc” no Portocubelo. Os galos Asterix e Obelix coma representación festiva dos galegos antigos. Non hai que esquecer que Galicia, Gallaecia significa en latín Galia pequena. O dos galos está ben traído porque aínda que Xurxo Ayán e Manuel Gago digan que o recinto é tardomedieval, quen hai que sexa tardomedieval que nos coñezamos? Algún persoeiro? Non? Pois entón Asterix e Obelix. Asterix e Obelix contra os romanos e nos alí no medio, aínda máis estranos que as propias lexions de Roma. Pero… Por Tutatis! Qué facíamos nos alí?. Cómo convencelos de que nos tamén eramos eles? De esta pregunta trátase toda a divulgación científica, non si?.
Os únicos lirotas que non marcharon en masa foron os que tiñan fillos e quedaron alí mentras os nenos debuxaban no taller de Luísa Martínez. Un dos galos decidiu no último momento afogar ós traidores do pobo que xa facía rato que fuxira e de paso ós científicos visitantes queimando un menhir que levantou unha nube de fume tóxico negro. O bo traballo de Manuel Vicente, Borja Tosar e Pío González impediu que aqueles valentes marcharan.
Eu lamenteime de non ter sido quen de asustalos cos xermes resistentes ou historias de bioterrorismo para decirlles: “Vedes? Nos tamén somos vos e temos as armas que vos van a manter afastados dos perigos que tamén virán de alen” pero non, no momento non achei a fórmula pero tranquilos que estou aprendendo. A próxima vez levarei un espray e direilles que vai nel unha mostra de bacterias resistentes os antibióticos e lles ensinarei un frasco co o único antibiótico que vailles curar (que serán lóxicamente lacasitos).