http://www.xestoresculturais.org/seccion.30.php

Onte, o 6 de maio, tivemos unha reunión no Ágora da Coruña coa xente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nunha xornada chamada: “pensamentos sobre que facer coa cultura?”. Se amosaron moi interesados en considerar a ciencia como cultura. De feito fixeron un dossier que na sua páxina 3 di así:

Acción: debe artellarse unha maior conexión entre o coñecemento científico e o coñecemento da rama de humanidades, best online casino especialmente en medidas que busquen aumentar o seu prestixio social e que expliquen a súa utilidade no desenvolvemento dunha sociedade do coñecemento con capacidade crítica e polo tanto con maior potencial creativo e de innovación científica, técnica, artística, económica e social.

Ahí queda eso. Faime graza que os doutorados nos paises anglosaxóns ainda lles chamen “Philosophal doctor” porque na era medieval o que non era mediciña ou teoloxía era filosofía. Agora demandan da ciencia que lles bote unha man para aumentar o prestixio social. Curioso.

A xornada consistiu nunha serie de mesas (redondas) onde arredor de oito persoas falamos do divino é o humano.