Onte pola noite vivimos unha sesión de ciencia e humor inesquecible cos rapaces e rapazas de The Big Van Theory. A pesar de que a temperatura era algo máis baixa do previsto, os monologuistas científicos caldearon o ambiente dende o primero minuto coas súas historias.
Un por un, foron explicando o lado máis divertido dos seus respectivos campos de investigación, facendo entendibles palabras como biofilm, biotecnología ou explicando que significa o hermafroditismo secuencial ou a orixe do mito do diluvio universal.
The Big Van Theory está formado por finalistas do concurso de divulgación científica FameLab organizado pola FECYT e que tratan de contar a ciencia de xeito ameno e e asequible en bares, teatros, ferias científicas e outros eventos.
(Imaxes de Leonor Parcero e Esteban Vázquez)