O vindeiro sábado 29 de outubro celebramos en A Coruña o noso Encontro Anual.
O programa da xornada inclúe unha parte exclusiva para socios e toda unha tarde de interesantísimas charlas aberta ao público de entrada libre (ata completar aforo).
11.00h Visita especial ao Aquarium Finisterrae – (Exclusivo socios. Requírese reserva en socios@divulgaccion.org).
13.00h Asemblea Xeral de socios (En MUNCYT. Exclusivo socios)
16.30h Apertura de portas [Inicio do programa aberto ao público]
No mesmo salón das charlas estará a exposición “Visions of the Future”.
17.00h Charlas
-
Elena Vázquez Cendón @ElenaVCendon, Que fai a matemática industrial en Galicia?
-
Javier Pedreira @Wicho, A informática tamén é cousa de mulleres
-
Deborah García Bello @DeborahCiencia, Da ciencia á moda, pasando pola arte
- Obradoiro a cargo de Dosi Veiga @DosiVeiga. Impactos de meteorito e medición da velocidade da luz… con regaliz!
-
Obradoiro a cargo de Sociedade Xuvenil Galega de Química @sxgquimica Unha viaxe cara a alquimia
-
Xurxo Mariño @xurxomar Ciencia no parabrisas. A percepción do mundo desde a sensibilidade científica
-
Eduardo Rolland @Edu_Rolland Julio Verne, a ciencia e a súa pegada en Galicia
20.00h Charla – Observación astronómica a cargo de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío @AgrupacionIo




