Xa está aquí a formación que todas e todos estabades agardando, a que nos permitirá mellorar a nosa capacidade de falar en público de ciencia da man de Paula Carballeira.

A cita é o vindeiro sábado día 26 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a partires das 09.45h e ata as 14.00h.

Neste curso totalmente práctico (e de prazas moi limitadas) non só aprenderemos como construír o noso discurso e organizar os contidos, senón tamén como verbalizalo e como utilizar o noso corpo para favorecer á claridade e interese da mensaxe.

O obradoiro está concebido para persoas interesadas na comunicación oral. Trátase de buscar os camiños que cadaquén percorre para contar a súa historia, a historia que quere transmitir, aproveitando os recursos propios de cada individuo (o seu corpo, a súa voz, o seu imaxinario, a súa formación, os seus gustos e disgustos, os seus referentes).

Obxectivos:

  • Traballar o contido que se quere transmitir desde as pautas da comunicación oral.
  • Buscar os recursos que cada persoa ten como comunicadora.
  • Crear un ámbito propicio para a transmisión.
  • Favorecer a escoita e o interese do público.

O custe da inscrición xeral é de 30€, mais temos outras tarifas que pode que se axusten ao teu perfil:

Xeral Soci@ Divulgaccion Soci@ Estudante/Desempregad@ Socio AECC Socio SciComPT
30€ 15€ 5€ 24€ 24€

 

Estás convencida/o? Inscríbete!