Como cada ano, chega o momento de reunirse, de vernos e de pasar unha xornada falando das nosas cousas 🙂
Estaremos o vindeiro sábado 15 de decembro na cidade das Burgas e este será o programa da xornada:
EXCLUSIVO PARA SOCIOS
10.30h a 12.00h
Percorrido xeolóxico-histórico polas Burgas, da man de José Ramón Seara Valero, profesor titular da Universidade de Vigo e presidente da Asociación de Estudos “Santa Mariña de Augas Santas”.
Ver ubicación do punto de encontro.
Visita á colección histórica de material didáctico do século XIX do IES Otero Pedrayo.
12.15 h
Asemblea xeral de socios
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Rúa do Progreso, 30. 32003, Ourense
Hora primeira convocatoria: 12.30h
Hora da segunda convocatoria: 13.00h
14.15 h Comida*
Restaurante O Meigallo
Rúa Santo Domingo, 7, 32003 Ourense
*(Ollo! É necesario anotarse!)
PROGRAMA ABERTO AO PÚBLICO
17.00h Investigadoras e investigadas: a muller e a ciencia
Mesa redonda con:
Carme Adán, doutora en filosofía, ensaísta e política, foi secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia
Mari Lires, Química, profesora da Universidade de Vigo e premio 2017 de Igualdade da UVigo
Iolanda Casal, xornalista e autora de Investigadoras galegas
Joana Magalhães, investigadora no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e divulgadora
Os estudos científicos investigan sobre homes e mulleres de igual maneira? Gusta menos a ciencia entre as nenas? Poden as mulleres ter unha carreira investigadora como a dos homes? Farémonos estas e máis preguntas.
18.20 h Fotóns sen fronteiras: a desaparición da noite
Salvador Bará, Profesor de óptica e física da Universidade de Santiago de Compostela
Que é a contaminación lumínica? Afecta á nosa saúde? Afecta ao medio ambiente?
19.00 h Parece ciencia, pero…
Deborah García Bello, química e divulgadora científica e Manuel F. Herrador, enxeñeiro profesor na Universidade de A Coruña e membro de Círculo Escéptico
Un diálogo, tamén co público, sobre ciencia, mitos, crenzas e pseudociencias.