Sempre adoitamos pensar que fora todo faise mellor. Porén en Galicia non so facemos ciencia de moitísima calidade senón que tamén temos xente moi boa para contala. Así que tomando exemplo doutros eventos de divulgación decidimos crear o CIENCIA CALIDADE, o primeiro concurso de monólogos científicos en galego.

A IDEA

Queremos volver vernos e facer novas amizades así que imos organizar un evento presencial. Será o 5 de novembro no Auditorio do Vello Cárcere (Lugo). Esta actividade de divulgación consistirá principalmente nun concurso de monólogos científicos feitos en galego e que deberán ser orixinais. É decir, deben de ser inéditos e non terse representado antes diante do público.

Queremos desmostrar que o galego vale para todo aquilo que queríamos facer con el. Dende arranxar o mundo ata falar de que as bacterias molan unha chea. Estamos á procura de xente interesada na divulgación e intentaremos axudala para que o faga o mellor posible.

 

BUSCAMOS PARTICIPANTES

Se gostas da ciencia e nunca te fartas de falar dela inscríbete no noso concurso. Porén tamén aceptamos propostas doutros eidos (historia, lingua…). So necesitas coñecer ben o tema do que vas a falar e ser maior de idade.

Estamos desexando coñecerte así que cubre este formulario e envíanos un vídeo sin editar sobre o teu tema (1 minuto máximo).  Tes ata o 11 de setembro. Unha vez rematado o prazo de inscrición, realizarase unha selección das mellores propostas. Comunicarémoslle aos concursantes a súa participación nun plazo de dúas semanas. A xente seleccionada poderá disfrutar dunha xornada previa de formación, no mes de outubro, para axudarlle a preparar o seu monólogo.

Gustaríanos tamén visibilizar o papel da muller na ciencia e na súa comunicación, por iso animamos especialmente ás mozas a que se presenten.

 

SÍGUENOS EN REDES

Podes atoparnos en Twitter e en Instagram, onde iremos poñendo toda a información e as novidades que vaian xurdindo.

 

Ciencia Calidade é unha iniciativa promovida por Andrea Muras (@ciencia_miuda) e Eva Cabanelas (@EvaCabanelas) que está cor-organizada por Divulgaccion.

Patrocinan: Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Edicións Xerais, AllGenetics, Cienytech, Rei Zentolo

Colaboran: Asociación Hablando de Ciencia, GCiencia, PuntoGal