O EVENTO
En Galicia, facemos ciencia e investigación de calidade; o que nos falta é perder a vergoña para contarllo a sociedade. Nese sentido, o monólogo científico, dada a súa brevidade e axilidade, é un formato moi adecuado para achegar a ciencia ao gran público. Tralo éxito da primeira edición cos monólogos de 3 minutos, desde a organización do Ciencia Calidade estamos a procura de novos participantes para a edición deste ano, que se celebrará o próximo sábado 4 de novembro no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo.
O PROCESO
Se che interesa a ciencia e queres iniciarte no mundo da divulgación, non dubides inscribirte no noso concurso. As inscricións están abertas ata o 31 de xullo. Buscamos xente de todas as áreas de coñecemento, incluídas as ciencias sociais e as humanidades. Unicamente debes enviar os teus datos persoais e un vídeo resumo coa túa idea, que ten que ser orixinal e inédita. Podes ver os monólogos do ano pasado neste enlace. Desde a organización darémosche a formación e o apoio necesario para gozar coa posta en escena do teu monólogo.
Asegurámosche que será unha experiencia inesquecible e pasarás a formar parte dunha comunidade en crecemento de divulgadores e divulgadoras en lingua galega.
SÍGUENOS NAS REDES
Podes atoparnos en Twitter e en Instagram, onde iremos actualizando toda a información do concurso.
Ciencia Calidade é unha iniciativa promovida polas divulgadoras científicas Andrea Muras (@ciencia_miuda) e Eva Cabanelas (@EvaCabanelas), que está co-organizada por Divulgaccion.
Patrocinan: Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Edicións Xerais, Rei Zentolo, Torre de Núñez, Maruxas de Nata, Designce, PuntoGal
Colaboran: Asociación Hablando de Ciencia,