Nos últimos días, varios socios da AGC CCT levaron a cabo diversas iniciativas que merecen ser postas en valor.
Salva Bara é un dos autores dunha serie de artigos sobre a divulgación da Astronomía en Galicia publicados no volume XXXI da revista da Real Academia Galega de Ciencias. Se che interesa o tema, preme no seguinte enlace (páxinas 55-114).
Henrique Neira vén de publicar “Terra, festas casino e música popular. Pequenas historias de Vedra de 1891 a 1900″, volume que recolle noticias de periódicos e libros da última década do século XIX relativas a Vedra e o Val do Ulla.
¡Parabéns a ambos!