- O 18 de abril, con motivo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e dos Sitios, un grupo no que participa o noso socio Martiño Xosé Vázquez Mato organiza un amplo programa de actividades gratuitas no conxunto patrimonial de Santomé (Ourense). Todos os detalles neste
enlace
!
- O 23 de abril celebrarase en Santiago de Compostela o Día do Científico Galego adicado, na súa VI edición, ao Padre Feijoo. A Real Academia Galega de Ciencias invitou á AGC CCT ao acto previa confirmación de asistencia (981 55 22 35/ ragciencias@terra.es).