O sábado, 14 de xuño, terá lugar no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT, Praza do Museo Nacional, 1. A Coruña) o III Encontro Anual da AGC CCT.
Ás 10.30 horas terá lugar a asemblea anual, restrinxida aos socios. A continuación, comezarán os relatorios, dirixidos a tódolos públicos e con entrada de balde ata completar aforo.
11:00 – 12:00 Compartindo experiencias I
“Experiencia de divulgación na aula universitaria” por Marián Freire (Universidade de A Coruña)
“Bricolabs, unha asociación de tecnoloxía aberta” por Rubén Fernández Sotelo (Bricolabs)
“Epixenética: un cerebro Lamarkiano” por Roberto Agis-Balboa (Biocaps)
12:00 – 12:15 Preguntas e debate
12:15 – 12:30 Descanso
12:30 – 13:10 Compartindo experiencias II
“A web da ciencia galega, GCiencia.com” por Pablo López (GCiencia)
“4gotas, unha aproximación divulgativa e próxima á meteoroloxía” por Carlos Balseiro (4gotas)
13:10 -13:20 Preguntas e debate
13:30 – 14:30 Relatorio invitado:
”π – 360º, O desafío do vídeo inmersivo” por Marcos Pérez (Director técnico da Casa das Ciencias – Museos Científicos Coruñeses)