A Asamblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2014 o Ano Internacional da Cristalografía, IYCr2014, conmemorando deste xeito, non só o centenario da difracción de raios X como ferramenta para o estudo da materia cristalina, senón tamén o 400 aniversario da observación de simetría nos cristais de xeo (Kepler, 1611), o que deu comezo ao estudo profundo da simetría nos materiais.
Agora que se celebra este Ano Internacional da Cristalografía volve a aparecer con todo merecemento a figuara do científico galego do S.XIX Antonio Casares Rodríguez (Monforte 1812, Santiago 1888). É unha referencia imprescindible para entender a conformación da química en España como una disciplina autónoma no século XIX, pero tamén deixou a súa impronta, a Cristalografía, coa incorporación desta materia ao ensino da Historia Natural ao través dos Modelos cristalográficos de Haüy. A súa aportación neste campo crea as bases para que outros profesores, que pasarían pola Universidade de Santiago, brillasen nesta área noutras universidades e institucións.
Durante a súa estancia en Madrid como alumno no Colexio de Farmacia de San Fernando, cursou tamén estudos de Mineraloxía no Museo de Ciencias Naturais, entrando contacto directo cos estudos xeoquímicos. Con dezanove anos figura como alumno da promoción de 1831 da Academia de Minas de Almadén.
Ao pouco de chegar a Santiago, nos comezos da década dos corenta e como profesor interino na cátedra de Historia Natural, participa na creación do Gabinete de Historia Natural. Ao principio o que se fixo foi concentrar neste Gabinete espécimes de animais, vexetais e minerais que andaban dispersos pola Universidade, que tiña unha función docente. Este gabinete constituía un lugar onde os alumnos encontraban material para complementar a súa formación, xa que daquela non había máis que gravados ou debuxos.
Ten pois Casares que se enfrontar, non só á formación dos seus alumnos en diferentes aspectos relacionados coa xeoloxía, senón que tamén ten que se encargar de que o gabinete vaia medrando nas súas coleccións.
O químico galego é autor de dous descubrimentos neo campo da mineraloxía, aínda que só un deles será finalmente aceptado como verdadeiro mineral. Pódese, xa que logo, pensar que se trata dunha aportación escasa, pero, como veremos nun epígrafe posterior, só dous científicos españois fixeron descubrimentos de minerais ben descritos ata 1960.
En 1840, Casares é nomeado catedrático interino de Historia Natural, desempeñando ese posto durante sete anos. Desde o primeiro momento comeza a facer acopio de material didáctico, preparando algúns animais e plantas e formando a colección zoolóxica cos escasos exemplares existentes na universidade. Ademais, Casares ten que se enfrontar non só a formación dos seus alumnos nos diferentes aspectos relacionados coa xeoloxía, senón que tamén se ten que encargar de que o gabinete vaia medrando nas súas coleccións. A escaseza tivo que ser compensadas polo químicos galego ao través de donacións propias e doutras persoas como Domingo Laxen e Pedro Romero.
Un inventario elaborado por Casares, probablemente en 1841, móstranos cal era a colección xeolóxica no Gabinete de Historia Natural. Nese documento rexístranse 203 especies minerais e rochas nas súas distintas variedades, cun total de máis de 400 exemplares. En 1877, co gallo da Exposición de Lugo, Casares elaborou un inventario onde se recollen 242 exemplares.
Para coñocermos de forma directa como entende o químico monfortino a xeoloxía rescatamos as seguintes palabras da Oración Inaugural do curso 1850-1851, cando a este respecto indica:
Puede decirse con seguridad que la Geología es una ciencia que pertenece toda a nuestro siglo. A su estudio se han dedicado en el con entusiasmo y con el mejor éxito un gran número de sabios: se han descrito las rocas, reconocido las montañas, y examinado las variadas capas que componen la envoltura de nuestro planeta. De entre ellas se han sacado los restos de muchos animales desconocidos, testigos y tal vez víctimas de las revoluciones del globo: y por la forma y disposición de sus huesos podemos deducir, gracias a las sabias investigaciones hechas por Guvier y a sus estudios en anatomía comparada, el tamaño, figura, el método de vida y las costumbres de estos antiguos habitantes de la tierra, que no tenían semejanza con los que en el dia la pueblan.
Aunque es cierto que no hay bastantes datos para explicar con seguridad los diversos períodos de la formación del globo, podemos con todo, por los ya recogidos, admitir como muy probable la opinión de que en un principio fué una masa candente fluida, que fue solidificándose y enfriándose lentamente, y en cuya superficie, sucedieron de tiempo en tiempo grandes trastornos, erupciones de substancias fundidas, levantamientos de montañas, que cambiaron su faz, agitaron las aguas que la cubrían, pusieron a descubierto y elevaron a grandes alturas el lecho de los mares y destruyeron generaciones enteras de plantas y animales, cuyos restos encontramos ahora sepultados a diversas profundidades: fenómenos aterradores, de los que vemos en el dia una pequeña muestra en las erupciones volcánicas. No tienen solo por objeto las investigaciones geológicas buscar datos que sirvan de apoyo a las teorías geogénicas, tienen también un empleo muy útil e inmediato.
O seu grande interese pola Xeoloxía levouno a realizar unha serie de importantes investigacións nesta disciplina. Moitos dos minerais que aporta son o resultado dos seus traballos e publicacións sobre a explotación e aplicación de minerais. Entre os seus estudos nesta materia destaca ter sido o descubridor dun dos poucos minerais descritos na Península Ibérica: a morenosita. Este mineral foi descuberto por Antonio Casares. e Martínez Alcíbar en 1851 analizando as mostras recollidas no rexistro dun cantil situado baixo a aldea de Teixadelos, no Cabo Ortegal, lugar onde tamén encontraron outro suposto mineral que foi chamado “zaratita”.
Casares foi o autor do informe e análise das mostras e deulle o nome a ambas no ano 1851, dedicándolle a “zaratita” a un importante reformador educativo, Antonio Gil de Zárate (1793-1861), Director General de Instrucción Pública na época, e a “morenosita” a Antonio Moreno y Ruíz (1796-1852), farmacéutico e Catedrático do Colexio de Farmacia San Fernando de Madrid, e Boticario de Cámara, e que era amigo persoal de Casares.
No actual Museo de Historia Natural “Luis Iglesias” da USC, están presentes exemplares de zaratita e morenosita recollidos no Cabo Ortegal (A Coruña), e todo apunta a que son as mostras procedentes do descubrimento deste mineral.
Na memoria enviada por Casares á Academia de Ciencias sinala:
En el tratado de mineralogía de Dufrenoy, en las obras de Hoffman, Haüy y Beudant no se hace mención de estas especies de mineral de nickel, por lo que creo que son enteramente nuevas, y si la academia me lo permite darlas nombre, denominaría a la primera Zaratita y a la segunda Morenosita, dedicándolas a los señores, Gil y
A escola creada por Casares neste campo permitirían a Augusto Gonzalez Linares e Laureano Calderón Arana, no seu breve paso pola universidade compostelá (1872-1875), achegarse de xeito profundo ao mundo da cristalografía, chegando a se converter en dous referentes señeiros da cristalografía española do seu tempo.
Podemos finalizar estre breve achegamento afirmando que non podemos entender a introdución da Cristalografía e Mineraloxía na ciencia española sen as aportacións realizadas nestes campos por o científico galego Antonio Casares Rodríguez.