Temos o gusto de comunicarche que vimos de crear un grupo de traballo especializado en Divulgacción a proposta de varios socios. “Escépticos no Pub-Compostela” (EEEP-Compostela) leva xa varios anos organizando charlas mensuais en Santiago sobre escepticismo e ciencia. Actualmente todos os promotores de EEEP-Compostela son socios de Divulgacción. A súa integración en Divulgacción permitirá sumar esforzos e reforzar este proxecto.

Mañá venres 25 de setembro no Airas Nunes en Santiago terá lugar a primeira charla do curso a cargo de Vicente Baos sobre vacinas. Envíamos o cartel anexado online casino para a súa distribución.

As vindeiras charlas estarán a cargo de Lourenzo Fernández Prieto, Juan Ignacio Pérez e Dosi Veiga. Ao longo do curso tamén se desenvolverá algunha sesión na Coruña. Se desexas mais información podes contactar con eles en EEEP-Compostela@divulgaccion.org. O coordinador de EEEP-Compostela é César González. Informaremos puntualmente das charlas e poñentes das vindeiras edicións de EEEP-Compostela.