Poden ser socios: persoal científico comprometido coa divulgación científica, xornalistas con especialización en comunicación social da ciencia e innovación, persoal técnico de museos de ciencia e tecnoloxía, así como calquera persoa vinculada coa divulgación científica rigorosa e de calidade. A cota anual é de 20€, con descontos para estudantes menores de 26 anos (10€) e persoas en situación de desemprego (10€).
Segundo os nosos estatutos é requisito para asociarse contar co aval de dous socios. De non contar con este aval a solicitude debe engadir no apartado de comentarios un breve CV, ou unha carta de presentación e interese, para que a Xunta Directiva poida aprobar a solicitude.
–