Este mércores ás 19:30h Carlos Briones presentará o seu libro “Orígenes: El universo, la vida, los humanos” no Museo de Historia Natural da USC en Santiago, invitado por Divulgacción.
Carlos Briones é científico Titular do CSIC no Centro de Astrobiología (CSIC-INTA, asociado ao NASA Astrobiology Institute), e os seus campos de investigación son a orixe da vida, os virus RNA e a bionanotecnoloxía. Ademais é un excelente divulgador e poeta.
O libro “Orígenes” esta coescrito entre Carlos Briones, Alberto Fernández Soto e José Mª Bermúdez de Castro.
Carlos Briones tamén estará na Coruña o xoves 7 de abril invitado polos MC2 para impartir o relatorio “Os primeiros pasos da vida na terra” na Domus ás 19:30.