Este sábado día 23 de abril, estaremos en Ponteareas cun dos nosos Puntos Científicos. o Punto celébrase no contexto da Semana das Ciencias de Ponteareas e deselvolverase no entorno do Concello nos Xardíns da Xiralda.
O programa será o seguinte:
PÍLULAS – PEQUENAS CHARLAS
HORA DE INICIO: 12.00h.
Presentación da asociación e introducción do Punto a cargo de José R. Gago
Presentación de Ilustrisima’s, Leonor Parcero, presidenta de Divulgacción (Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica). Ilustrísima’s é un proxecto colaborativo que promove a visibilización da muller na historia a través da ilustració e a sátira.
Os virus, amigos ou inimigos? José R. Gago, estudante de Medicina da USC. De verdade os virus son tan terribles como pensamos? Unha breve introdución ao apasionante mundo da viroloxía e inmunoloxía. Explicando as formas polas cales utilizamos os virus no noso beneficio.
Chernobyl 30 anos despois: enerxía nuclear a debate, Ramón Cid Manzano, Catedrático de Física e Química (IES de Sar – Santiago) e Profesor Asociado (Dpto Didáctica das Ciencias – USC). Como funciona unha central nuclear? Vantaxes e inconvenientes? Chernobyl? Fukushima?
Pódese estudar o Alzheimer nos lévedos?, María Ángeles Freire, Profesora de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de A Coruña e Alejando Peixoto, estudante de Bioloxía da Universidade de A Coruña.
Relatividade visual, Xabier Prado, profesor do IES Pedra da Auga explica o concepto da relatividade por medio dun método moi especial
– O público pregunta aos relatores –
OBRADOIROS
Biotecnoloxía na cociña
Con Jose A. Costoya, Grupo de Oncoloxía Molecular. Departamento de Fisioloxía. Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Universidade de Santiago de Compostela e Miguel González Blanco, Grupo de Reparación do ADN e Integridade Xenómica. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Universidade de Santiago de Compostela.
Empregando ingredientes que podes atopar en calquer cociña, aillaremos o material xenético que contén as instruccións para facer un amorodo. Ademáis amosaremos cómo os lévedos se nos axudan a a comprender mecanismos fundamentáis da Bioloxía.
Obradoiro de nanotecnoloxía
Con Emilio Castro Otero, Instituto Universitario de Ciencias Ambientais. Universidade de Zaragoza.
Sabes que é a nanotecnoloxía? Sabes que hai productos no supermercado que fan uso dela?
Observación solar
Sempre que as nubes o permitan, observaremos a superficie do Sol cun telescopio refractor e o filtro axeitado para facelo.
Exposición de Ilustrísima’s – Científicas
Exposición de retratos de mulleres científicas na historia. Unha colaboración de Ilustrisima’s con Divulgacción.
Ilustrísima’s é un proxecto colaborativo que promove a visibilización da muller na historia a través da ilustración e a sátira. O resultado é unha publicación que recolle os retratos de mulleres que marcaron ou marcan a diferenza na historia, acompañadas dun breve resumo en tono xocoso dos fitos que estas teñen alcanzado. Empezou sendo unha iniciativa persoal de Montse Piñeiro, que coordina e deseña o fanzine, pero xa implica a 15 debuxantes, librepensadores e amantes da arte en xeral. Ilustrisima’s é un proxecto sen ánimo de lucro e o prezo do fanzine axústase aos gastos de impresión e difusión da publicación.