cartel-electoral2

Asistirán representantes do BNG Bloque Nacionalista Galego, En Marea, PPdeG Partido Popular de Galicia e PSdeG Partido Socialista de Galicia 

Celebrarase o xoves 22 de setembro ás 19.30h na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela

 

Divulgacción (Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica) organiza un debate público sobre ciencia, investigación e desenvolvemento e cultura científica, con representantes dos principais partidos de Galicia con motivo das eleccións autonómicas que se celebran o vindeiro 25 de setembro.

 

O debate

Os representantes dos partidos serán:

 

  • BNG: Manuel Soto Castiñeira
  • En Marea: Mariló Candedo
  • PPdeG: José Alberto Díez de Castro
  • PSdeG: Juan Manuel Díaz Villoslada

 

O debate desenvolverase cunha estructura tradicional, con turnos de palabra para os participantes, para que poidan expor as súas propostas e confrontar opinións e un turno final de preguntas do público. As preguntas poden ser do público que estará na sala ou do público que segue o debate a través dos medios sociais.

Estará moderado polo experimentado presentador Manuel Vicente, conductor do programa de radio Efervesciencia.

 

Como seguir o debate

A entrada ao evento é libre ata completar aforo e poderá seguirse o streaming do audio a través da ligazón que Divulgacción publicará nas súas canles o propio día do debate a partir las 19.00h.

O cancelo do evento en Twitter é #25SDebateCiencia e a conta de DivulgAcción @divulgaccion.

 

Sobre Divulgacción

Divulgacción é a Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica e dende o ano 2011 traballa polo fomento da divulgación científica rigorosa e de calidade e a promoción da profesionalización do sector. Forman parte dela máis de cen socios procedentes de diversas áreas como a docencia, a investigación, o xornalismo, os museos ou a empresa. Todos eles adicados a divulgar o coñecemento científico e tecnolóxico e conscientes da necesidade de velar polas boas prácticas profesionais. Divulgacción supón un punto de encontro para todos eles.

Nestes cinco anos de vida, Divulgacción ten desenvolvido diferentes iniciativas, entre outras os seus Puntos Científicos na rúa, o programa Divulga na Escola ou os encontros anuais, con charlas abertas ao público, todas elas gratuitas para os asistentes.

 

Contacto: Leonor Parcero, Presidenta. divulgaccion@divulgaccion.org / 633 879 794