• Comparte espazo coa Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia (co apoio da Misión Biolóxica de Galicia -MBG CSIC-), que sensibilizar á poboación sobre as vantaxes nutricionais dos legumes.

 

  • Estarán o sábado 3 de decembro de 11 a 14.00h no Espazo Infantil, con charlas e obradoiros para adultos e pequenos

 

  • Os visitantes poderán extraer o ADN do amorodo con elementos de calquera cociña, desmontaremos algúns mitos falando do cerebro, vacinas ou consumo de leite, aprenderemos sobre árbores e bosques, de astronomía, algas como biocombustible, xeografía, dinosaurios…

 

  • DIVULGACCION, ou a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científicia e Tecnolóxica (AGC CCT) naceu en 2011 e na actualidade conta con máis de 120 socios

captura-de-pantalla-2016-12-01-a-las-16-30-35

Por segundo ano consecutivo, Divulgacción acude xunto co CSIC-Misión Biolóxica de Galicia, a Culturgal, a feira máis importante das industrias culturais e un das imprescindibles en Galicia.

 

Que é Divulgacción?

Divulgacción é a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científicia e Tecnolóxica (AGC CCT). Naceu en 2011 e na actualidade conta con máis de 120 socios, que proveñen de diferentes eidos: conta con divulgadores, xornalistas, comunicadores, investigadores, enxeñeiros, catedráticos, profesores de universidade, profesores de secundaria, persoal de museos, xente da empresa…

Entre os seus obxectivos está a difusión e defensa da cultura científica na sociedade, así como o traballo por unha divulgación científica accesible pero rigorosa e de calidade, por iso está presente na cita máis importante da cultura galega.

 

Que é un Punto Científico?

“Chamamos “Punto Científico” a algo que polo xeral se celebra na rúa. Colocámonos nunha praza ou outra zona de paso e facemos pequenos obradoiros e charlas curtas (duns 10 minutos) para todos os públicos. Aínda que neste caso estamos na Zona Infantil, en realidade está pensado tamén para adultos, aínda que os nenos poden participar en case todo… e pasalo moi ben, a lo menos así o vivimos nos puntos celebrados anteriormente”, explica Leonor Parcero, presidenta de Divulgacción.

O programa para “Ciencia á Feira” é o que sigue:

Comezo ás 11.00h, Espazo Infantil

  • Un bosque no peto, unha charla interactiva que a continuación pasará a ser obradoiro na que se explicarán as fases do cultivo in vitro de árbores e se ensinarán diversas especies de árbores en tarros que caben nun peto. Con Conchi Sánchez, Nieves Vidal e Puri Covelo, do CSIC.
  • Elena Vázquez, Onde está a Meca? A curvatura da terra produce distorsións á hora de representala nun mapa. Estas distorsións fan que, ao dibuxar nun mapa camiños entre dous puntos do globo terráqueo podan parecer, polo menos, insólitos ou inesperados. Esto é o que ocurre cando quero dibuxar nun mapa o camiño máis curto entre, por exemplo, San Francisco e a Meca.
  • Casto Rivadulla, que tentará desterrar esas cousas que non se sabe donde empezaron pero que de moito repetirse parecen verdade: usamos un 10% do cerebro, a musica clásica faiche mais listo, as vacinas causan autismo…..
  • Carlos Spuch, con O consumo de leite… é bo ou é malo para a nosa saúde? A poboación europea adaptouse dende hai miles de anos ao consumo de leite, durante miles de anos foi un dos soportes nutricionais máis potentes para a alimentación humana e de pronto, vemos nos últimos anos que aparecen novas en webs e outras fontas de que o leite ten propiedades non beneficiosas.
  • José Gago, É mellor previr que curar, no que afondará na función e funcionamento das vacinas
  • Valentín Estévez, Deconstruindo Jurassic World, Din que á terceira vai a vencida, mais parece que non é así no mundo dos dinosaurios. A última película da saga dos voraces saurios prehistóricos da moito que falar a paleontólogos e zoólogos. Mediante unha distendida e satírica crítica da película trataranse temas como a enxeñaría xenética, a biodiversidade animal extinta e os procesos para a súa reconstrucción.
  • Francisco Rodríguez, Necesitamos enerxías limpas para abastecer unha poboación mundial que non cesa de aumentar, para contrarrestar os efectos negativos do cambio climático. É por isto que precisamos cada vez máis de novas alternativas ós combustibles fósiles…pero a miña pregunta é: ¿poden ser as microalgas o biocombustible do futuro?
  • Borja Tosar, cunha das súas “Postais Planetarias”.
  • Paralelamente e na mesa zona, terá lugar o obradoiro Biotecnoloxía na Cociña, onde os participantes poderán extraer o ADN dun amorodo con elementos que se atopan en calquera cociña

 

Agardámosvos alí!