Onte, sábado 28 de outubro, celebramos o noso VI Encontro de Divulgacción na cidade de Pontevedra.

Queremos agradecer dende aquí ao Museo de Pontevedra, e en especial á fantástica Paula Tilve, que nos recibiran e nos trataran tan ben.

Tamén ao Concello de Pontevedra por cedernos a Sala Bolechas da Casa da Luz para a xornada aberta ao público.

Por suposto, tamén agradecemos aos convidados a súa presencia: a Roi Villar, a Alfonso Pérez e a José Antonio Seoane, Javier Pedreira Wicho e Xavier Fonseca, cos que aprendemos tanto.

Fotografías de Borja Merino e Leonor Parcero

Vista ao Museo de Pontevedra



 

Asemblea Xeral de Socios

 

Debate sobre crowdfunding en ciencia, na Casa da Luz

Wicho amosa a historia da informática, reinvindicando o papel de moitas mulleres que nos fixeron onde estamos… e tamén á lúa:

 

 

 

Pechou o evento Xavier Fonseca, cun final bastante inesperado… pero feliz 🙂