CANCELADO
Con motivo do decreto da alerta vermella vémonos na obriga de cancelar o Encontro Anual. Celebrarémolo noutra data en canto sexa posible.
Desculpa as molestias.
Tras a edición do ano pasado en Ourense, celebraremos o noso VIII Encontro Anual de DivulgAcción na cidade de A Coruña.
O vindeiro sábado 21 de decembro temos unha cita en A Coruña para celebrar o noso tradicional Encontro Anual, no que poderemos gozar dun programa exclusivo para socios e outro, en horario de tarde, aberto ao público, ademais de celebrar a asemblea xeral de socios. Non faltes!
ENCONTRO ANUAL DE DIVULGACCIÓN 2019
A Coruña, 21 decembro de 2019
Programa matutino exclusivo para persoas socias
10.00h
Obradoiro de tinkering na Sala Maker, da man de Manuel Miramontes (necesaria inscrición previa)
11.30h. Charla coloquio con Marcos Pérez, director dos Museos Científicos Coruñeses
Marcos Pérez compartirá connosco a experiencia de organizar un divulgatón e faremos unha reflexión conxunta sobre como podemos promover a participación activa da cidadanía na divulgación científica.
12.30h Asemblea Xeral
Lugar: Domus, Museos Científicos Coruñeses. Sala Leonardo DaVinci (cinema)
13.30h
Asemblea Xeral Extraordinaria
Lugar: Domus, Museos Científicos Coruñeses. Sala Leonardo DaVinci (cinema)
14.15h Xantar
Asador Atlántico
Rua Angel Rebollo 90 Bajo
(Necesaria inscrición previa)
16.30h Compartindo experiencias
Domus, Museos Científicos Coruñeses. Sala Leonardo DaVinci (cinema)
Dosi Veiga presenta o seu proxecto, o proceso e desenvolvemento de Ceos Galegos
Programa aberto ao público
Domus, Museos Científicos Coruñeses. Sala Leonardo DaVinci (cinema)
17.00h Charlas e presentacións
Presentación da colección de divulgación xuvenil de Galaxia Lanterna de Aristóteles, con Luisa Martínez, directora da colección
Puf! Vaia peido… seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes, charla e presentación coa autora Luisa Martínez
A que cheiran as cores? Charla e presentación co autor Casto Rivadulla
Ceos Galegos, charla e presentación do calendario 2020, con Dosi Veiga, editor
18.30h Conferencia de Ángela Bernardo
Os xornalistas científicos non só se ocupan de contarnos ou explicar os últimos avances da ciencia e tecnoloxía, senón que tamén aportan a súa mirada crítica e súa vocación investigadora. Ángela Bernardo contaranos a xénese e como destapou o caso Nadia (un pai que recaudaba fondos para a suposta enfermidade mortal da súa filla e que acabou condenado por estafa) ou sobre a investigación sobre pagos de empresas farmacéuticas e conflictos de interese. Falaranos de como traballan, como se relacionan coa ciencia e os científicos e outros interesantes tema.
Ángela Bernardo traballa como redactora da área de sanidade e políticas públicas na Fundación Cidadá Civio, unha organización sen ánimo de lucro que realiza investigacións xornalísticas. É licenciada en Biotecnoloxía pola Universidade de León e cursou un máster en Industria Farmacéutica e Biotecnológica na Universitat Pompeu Fabra e un título de experto en Gabinetes de Comunicación na Universidade Complutense de Madrid. Desde 2013 até 2018 traballou como redactora no medio dixital Hipertextual, onde se encargaba de cubrir a actualidade informativa en ciencia e de realizar investigacións xornalísticas como a do caso Nadia. Ademais colaborou con outras publicacións, como JotDown, Huffington Post, Diario de León ou ileon.com. Na actualidade tamén realiza o seu doutoramento a tempo parcial no ámbito do Dereito e da Biotecnoloxía.
19.30h Peche da xornada