A IDEA
Queremos volver vernos e facer novas amizades así que imos organizar un evento presencial. Será o 5 de novembro no Auditorio do Vello Cárcere (Lugo). Esta actividade de divulgación consistirá principalmente nun concurso de monólogos científicos feitos en galego e que deberán ser orixinais. É decir, deben de ser inéditos e non terse representado antes diante do público.
Queremos desmostrar que o galego vale para todo aquilo que queríamos facer con el. Dende arranxar o mundo ata falar de que as bacterias molan unha chea. Estamos á procura de xente interesada na divulgación e intentaremos axudala para que o faga o mellor posible.
BUSCAMOS PARTICIPANTES
Se gostas da ciencia e nunca te fartas de falar dela inscríbete no noso concurso. Porén tamén aceptamos propostas doutros eidos (historia, lingua…). So necesitas coñecer ben o tema do que vas a falar e ser maior de idade.
Estamos desexando coñecerte así que cubre este formulario e envíanos un vídeo sin editar sobre o teu tema (1 minuto máximo). Tes ata o 11 de setembro. Unha vez rematado o prazo de inscrición, realizarase unha selección das mellores propostas. Comunicarémoslle aos concursantes a súa participación nun plazo de dúas semanas. A xente seleccionada poderá disfrutar dunha xornada previa de formación, no mes de outubro, para axudarlle a preparar o seu monólogo.
Gustaríanos tamén visibilizar o papel da muller na ciencia e na súa comunicación, por iso animamos especialmente ás mozas a que se presenten.
SÍGUENOS EN REDES
Podes atoparnos en Twitter e en Instagram, onde iremos poñendo toda a información e as novidades que vaian xurdindo.
Ciencia Calidade é unha iniciativa promovida por Andrea Muras (@ciencia_miuda) e Eva Cabanelas (@EvaCabanelas) que está cor-organizada por Divulgaccion.
Patrocinan: Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Edicións Xerais, AllGenetics, Cienytech, Rei Zentolo
Colaboran: Asociación Hablando de Ciencia, GCiencia, PuntoGal