Visita a Torre dos Mouros
O artigo orixinal de “Certo: xornal virtual do Barbanza” aquí. Contén vídeos. Agradecémoslle o xornalista o artigo feito con moito humor e cariño. Divulgación arqueolóxica: a Torre dos Mouros, en Lira, un exemplo de como interesar á comunidade local e atraer visitantes O profesor Gago explica unha das estruturas atopadas na Torre dos MourosLira, Carnota, 10 de febreiro de 2013. Onte, sábado 9 de febreiro, tivo lugar en Lira unha nova visita guiada á escavación da Torre dos Mouros, un estrano xacemento que foi escavado o pasado verán. Inda que nun principio os guías ían ser, alternativamente, o profesor de Xornalismo Manuel Gago e o arqueólogo Xurxo Ayán, ao final só falou o primeiro, coa aprobación do segundo, que ía para a ocasión disfrazado de ditador. A coincidencia coas datas do Entroido engadiu unha nota lúdica, ao tempo que surrealista, á visita, coa enigmática presencia dun personaxe cun gabán saído da película “Matrix”. […]