Antonio Casares no Ano Internacional da Cristalografía (2014)
A Asamblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2014 o Ano Internacional da Cristalografía, IYCr2014, conmemorando deste xeito, non só o centenario da difracción de raios X como ferramenta para o estudo da materia cristalina, senón tamén o 400 aniversario da observación de simetría nos cristais de xeo (Kepler, 1611), o que deu comezo ao estudo profundo da simetría nos materiais. Agora que se celebra este Ano Internacional da Cristalografía volve a aparecer con todo merecemento a figuara do científico galego do S.XIX Antonio Casares Rodríguez (Monforte 1812, Santiago 1888). […]