DIVULGA NA ESCOLA

DIVULGA NA ESCOLA é un programa a través do cal queremos achegar aos centros educativos unha completa listaxe dos principais divulgadores de ciencia e tecnoloxía de Galicia.

Esta listaxe creaouse coa finalidade de pór en contacto aos divulgadores cos centros de ensino e facilitar así a busca de conferencias e actividades é medida de cada centro.

Neste listado atopará:

  • Nome e contacto do divulgador
  • Unha descrición da actividade
  • Os materiais necesario
  • Se está condicionada ou se ten custos económicos

COMO PARTICIPAR

 CENTROS DE ENSINO

Primeiro paso –  Consulta a listaxe:

Listaxe de Divulgadores 2022
Segundo paso – Contacta co divulgador ou divulgadora e pacta con el a realización da actividade.

Terceiro – Antes de que se celebre a actividade, debes informarnos da súa data e lugar de celebración a través deste formulario

Cuarto – Despois da actividade, envíanos un par de fotos da mesma a divulgaccion@divulgaccion.org. Se o desexas tamén podes enviarnos unha valoración da actividade.

 DIVULGADORES

 

Para participar como divulgador en Divulga na Escola tes que ter socio de Divulgacción (queres facerte socio?). Se xa es socio e queres estar na listaxe, enche o seguinte formulario.

Se queres facer algún cambio, darte de baixa ou indicar que xa alcanzaches o tope de actividades que te propuxeches neste curso, por favor usa o mesmo formulario.