Loading Events
  • This event has passed.

Coa Fundación Eduardo Pondal, desenvolveremos unha actividade para a Universidade do Rural pero aberta ao público interesado, un encontro destinado ao intercambio de coñecemento entre os relatores e os asistentes. Elena, Luisa e Casto comezarán o  diálogo con cadansúa charla:

Elena Vázquez Abal decubriranos que, dende as cordas de 12 nudos dos exipcios ata os ferrados da costa da morte, a xeometría sirve para
fixar os marcos das fincas; Luisa Martinez fará un repaso polo léxico mariñeiro das Rías de Corme e Laxe recordando a viaxe da investigadora Mª Carmen Rios Panisse á zona; e por último Casto Rivadulla contará que pasa no noso cerebro mentres aprendemos, cando lembramos  ou esquecemos o xa aprendido, e algún consello para mellorar a memoria.