Loading Events
  • This event has passed.

Asistirán representantes do BNG Bloque Nacionalista Galego, En Marea, PPdeGPartido Popular de Galicia e PSdeG Partido Socialista de Galicia 

Celebrarase o xoves 22 de setembro ás 19.30h na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela

 

Divulgacción (Asociación Galega de Comunicación e Cultura Científica e Tecnolóxica) organiza un debate público sobre ciencia, investigación e desenvolvemento e cultura científica, con representantes dos principais partidos de Galicia con motivo das eleccións autonómicas que se celebran o vindeiro 25 de setembro.

 

O debate

Os representantes dos partidos serán:

 

  • BNG: Manuel Soto Castiñeira
  • En Marea: Mariló Candedo
  • PPdeG: José Alberto Díez de Castro
  • PSdeG: Juan Manuel Díaz Villoslada