- This event has passed.
Solpores no Náutico: Festival de ciencia, maxia e música
27 27Europe/Madrid Xullo 27Europe/Madrid 2018 @ 21:00 - 28 28Europe/Madrid Xullo 28Europe/Madrid 2018 @ 21:00
Os vindeiros días 27 e 28 de xullo terá lugar na terraza do Parque Náutico de Castrelo a primeira edición dun festival singular: Solpores no Náutico – festival de ciencia, maxia e música.
Organizado polo propio Parque Náutico de Castrelo xunto coa Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (www.divulgaccion.com) a partires das 21:00 horas haberá intervencións duns 30 minutos de duración, de contido variado. Contaremos con:
– O Mago Richard cun espectáculo de TecnoMaxia.
– Deborah García Bello, química e divulgadora científica, falando dos mitos que teñen que ver coa alimentación: aceite de palma, gluten, lactosa, aditivos, edulcorantes… “Entre o aceite de palma e a lactosa, un non sabe que comer”.
– Francisco Rodríguez, “Un mar de colores para el Nautilus”, investigador del Centro Oceanográfico de Vigo (IEO).
– Casto Rivadulla. Profesor da UDC, Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROCOM). “Qué é a vida? Unha ilusión,unha sombra, unha ficción…”
– Manuel Vicente, químico e director do programa da Radio Galega “Efervesciencia”; ” Negociar de cambio climático con Trump”. O que cremos saber sobre o cambio climático e por que a “teoría de xogos” nos di que as negociacións climáticas son tan complexas.
– Nieves Vidal, Científica Titular del CSIC. “Sete xigantes na palma da man”. As árbores senlleiras son un tesouro en perigo. A biotecnoloxía pode axudarnos a estudalas e conservalas para sempre.
Entre as intervencións breves contidos de astronomía, onde Dositeo Veiga (físico e divulgador) describirá algunhas constelacións do ceo de verán, comentando como se representaban na antigüidade en comparación co catálogo elaborado por Alfonso X “el Sabio” (Afonso IX de Galiza). Acompañará Juan Vázquez tocando coa guitarra eléctrica cantigas e músicas do mesmo rei.
Todo iso, para acompañar á eclipse total de lúa que poderemos gozar o venres 27 ao rematar o festival.
A entrada é de balde.