• Ana Bellón Rodríguez posted an update 6 years, 6 months ago

    Hoxe comeza a Semana da Ciencia e o CSIC participa cun amplo abano de actividades en toda España (http://www.semanadelaciencia.csic.es/). En Galicia deseñouse un programa co que se busca achegar as liñas de investigación do Consello na Comunidade Autónoma. As actividades terán lugar en Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela a través de iniciativas promovidas pola MBG, o IIM e o IIAG. Nos tres casos cóntase coa colaboración da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e de diversas entidades. Máis información na web http://www.delegacion.galicia.csic.es e no facebook “CSIC Galicia”.