Biografía |
Doutor en ciencias biolóxicas, na universidade de Santiago. Bolseiro Fullbright no departamento de Brain e Cognitive Sciences no MIT . Profesor de fisioloxía e membro do grupo NEUROcom no departamento de Medicina da universidade da Coruña. Os meus traballos de investigación van encamiñados a entender como o sistema nervioso procesa e codifica a información sensorial e finalmente crea unha percepción.
Membro fundador da asociación galega de comunicación científica. Responsable da semana da neurociencia na Domus, celebrada en colaboración cos museos científicos coruñeses co gaio da semana mundial do cerebro (2004-2007). 2º premio no IV Certamen “Teresa Pinillos” de divulgación científica y humanística, Ensaya’08. Un dos creadores, organizadores, participantes dos cafés teatro científicos, unha das actividades de divulgación científica con mais éxito e repercusión dos últimos anos, seleccionada por FECYT (2012) como “práctica inspiradora” para a divulgación da ciencia.
|