Socio

Nome

César González-Pérez

Biografía

César González-Pérez é científico titular no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Santiago de Compostela, onde lidera una liña de co-investigación en enxeñería de software e patrimonio cultural. O obxectivo final do seu traballo é desenvolver teorías, metodoloxías e tecnoloxías que axuden a adscribir significado á información que se manexa no campo do patrimonio cultural.

Anteriormente, César ten traballado en diversas organizacións públicas e privadas en España e Australia, onde levou a cabo labores de investigación en modelado conceptual, metamodelado, e metodoloxías de traballo. Tamén é fundador de tres empresas de base tecnolóxica, é membro do comité director da asociación “Computer Applications and Quantitative Methods in Archaeology” (CAA), escribiu uns 50 artigos académicos, e é autor de 3 libros.

Páxina web persoal

http://about.me/cesargon

Páxina web profesional

http://www.incipit.csic.es