Socio

Nome

José Antonio Costoya Puente

Biografía

Profesor Titular de Fisioloxía na Facultade de Medicina da USC, dirixe o Grupo de Oncoloxía Molecular MOL. Comeza a súa andaina profesional realizando tarefas asistenciais no Sistema Nacional de Saúde, simultaneamente a súa actividade investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 durante os seus estudos de doutorado, realiza unha estadía na unidade U344 do INSERM, Faculté de Medecine, da Universidade París V. No 1998 obtén o Doutorado Europeo en Medicina e Cirurxía. En 1999, como bolseiro da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, comeza unha estadía postdoutoral no Memorial Sloan-Kettering Cancer Center, Nova York, EE.UU, dentro do seu Programa de Xenética do Cáncer, estadía que posteriormente prolongará hasta o ano 2004. Á súa volta dos EE.UU. incorporáse como investigador adscrito á USC a través do Programa Parga Pondal e posteriormente como Investigador do Programa Nacional Ramón y Cajal e Profesor Contratado Doutor. Entre as súas contribucións científicas figuran varios capítulos de libros e artigos científicos, así como diversas comunicacións en reunións científicas tanto nacionais como internacionais. É membro de diversas sociedades e academias científicas nacionais e internacionais e foi merecedor de diversos premios de investigación. Un aficionado, con gañas de aprender, á divulgación.

Páxina web persoal

http://twitter.com/joseacostoya

Páxina web profesional

http://www.usc.es/mol