Socio
Nome | Leonor Parcero López |
Biografía | Son licenciada en Publicidade e RRPP (Universidade de Vigo, 2005) e traballo na Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo ao tempo que desenvolvo a miña tese de doutoramento sobre divulgación e cultura científica. A miña andaina no mundo da comunicación empezou en 2005, pero non foi até 2008 que cheguei á comunicación de ciencia e tecnoloxía. Ese ano incorporeime a GRADIANT, o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia, desde onde participei e organicei diferentes proxectos de divulgación con financiamento público, ademais de ser a responsable de comunicación e publicidade dos proxectos de I+D+i. Como profesional freelance, seguín participando e desenvolvendo proxectos de divulgación financiados pola administración, formando parte do equipo dun total de 16 iniciativas até a data de hoxe, asumindo diferentes roles: ás veces fixemos realidade as miñas ideas, fun solicitante e coordinadora e participei como profesional contratada, pero sempre formando parte do comité organizador tomando parte nas decisións. Nesta etapa como freelance, fun contratada polo tres universidades galegas para desenvolver tarefas de comunicación e comunicación gráfica, para contar o traballo de grupos de investigación, de redes ou para xestionar e dar forma e contido a webs institucionais. Impartín charlas e conferencias divulgativas en eventos nacionais e internacionais como experta en comunicación de ciencia, tanto no meu desempeño profesional como representando a DivulgAcción, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica, da que son socia fundadora e que presido desde o ano 2015. Son xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e continuo como freelance, realizando traballos relacionados coa comunicación social da ciencia. |
Páxina web profesional |