Socio

Nome

Manuel Collado Rodríguez

Biografía

Manuel Collado é doutor en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Realizou estanzas postdoutorais en Londres e Nova York antes de regresar a Madrid, primeiro no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) e posteriormente no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) onde foi investigador durante máis dunha década. O seu traballo está relacionado coas bases moleculares do cancro e o envellecemento, e máis recentemente coa bioloxía das células nai nestes dous procesos. Dende Xuño do 2012 é investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e dirixe o grupo de “Células nai en cancro e envellecemento” do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Manuel mantén un blog de divulgación sobre a investigación biomédica do envellecemento (Fuente de la Eterna Juventud) e colabora na organización do evento “Escépticos no Pub – Compostela”.

Páxina web persoal

http://fuentedelaeternajuventud.wordpress.com/

Páxina web profesional

http://stemchus.org