Socio

Nome

Manuel Vicente

Biografía

Manuel Vicente García é doutor en Ciencias Químicas con acreditación de doutor europeo (USC, 2004) e Máster en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental (Universidade Pompeu Fabra, 2005).
Desde outubro de 2006 dirixe e presenta o programa de divulgación científica da Radio Galega Efervesciencia. Por este traballo recibiu en dúas ocasións o Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación da Xunta de Galicia: o segundo premio na edición de 2008, e o primeiro na edición de 2009. Participou no proxecto “Efervesciencia na Praia” que mereceu o premio “Ciencia en Acción 2009”.
En 2009 traballou como funcionario interino nos Museos Científicos Coruñeses como Técnico Superior de Museo Científico. É asesor científico e guionista do programa “Conexións” da Televisión de Galicia (2010- ).

Páxina web profesional

http://www.efervesciencia.org