Socio

Nome

Marcus Fernández

Biografía

Con formación en Informática, desenvolveu a súa actividade profesional no mundo da Internet, participando en iniciativas pioneiras na Rede galega, así como no asociacionismo (ISOC-GAL, EGANET e a Asociación PuntoGal).
Exerce funcións de administración e redacción da web de Código Cero (diario de novas tecnolóxicas de Galicia, con edición mensual en papel) dende 2001, o que combinou con preto de 3 anos nunha experiencia de televisión local en Compostela.
Complementa a súa actividade profesional cun blog persoal e distintas colaboración en medios galegos (Tempos Novos, RadioVoz, Radio Coruña-Cadena SER, Radio Galega e Televisión de Galicia). Tamén coa elaboración de distintas páxinas web de empresas, tendas en liña, asociacións…

Páxina web persoal

http://marcus.es/

Páxina web profesional

http://codigocero.com/