Socio

Nome

Xosé Antón Fraga

Biografía

Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente de secundaria, catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, e tamén impartiu varios cursos de terceiro ciclo nas universidades galegas (1995-2003). Foi director dos Museos Científicos Coruñeses (xuño 2008-xullo 2011).
Na actualidade dirixe un equipo de especialistas encargado da nova edición do Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. O resultado final permitirá ofrecer un total dunhas 300 entradas online, parte substancial do I+D histórico do país, unha especie de panteón virtual da excelencia científica que proporcionará valiosa e actualizable información a públicos diversos.