Esta fin de semana (do 14 ao 16 de setembro) terá lugar o Astrogalicia 2012, a festa galega da astronomía. A sede desta 4ª edición é no Albegue dos Biocos, que queda polas Terras de Trives.
Trátase dun espazo que crean varias asociacións astronómicas e que ofertan á sociedade, en forma de charlas divulgativas, obradoiros de iniciación, exhibicións e observación
s nocturnas do ceo. Desta volta contan con xuntar ata 30 telescopios.
- Organización astrogalicia10@gmail.com
- Xantares, aloxamento oficial: info@osbiocos.com, 610 530 561 ou 988 346 204.
Desde Astrogalicia indícannos que existe un programa paralelo de actividades para os familiares dos inscritos, raparigos incluídos.