Xa case é venres. Pode que non esteas de todo decidido a pasarte pola Domus coa familia. Queres saber o que atoparás alí? Un exemplo do tipo de cousas que veremos é o traballo do Grupo Divulgare, dirixido polo Porfesor Luis Navarro. Esta semana presentaron un novo vídeo titulado “Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais”, tal e como nos contan dende o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

Segundo apunta Luis Navarro, socio de Divulgacción, estes vídeos son a aposta do seu grupo por amosar e dar a coñecer o seu traballo, “en que gastamos os cartos que nos conceden en forma de contratos e proxectos de investigación”.

Mañán, a partires das 16.30h, no contexto do festival Por amor á arte, veremos entre outras moitas e interesantes propostas os vídeos “Estratexias adaptativas: Alarma contra ladróns” e “A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares”.