Dende este mes a AGC CCT ten o seu espazo en Código Cero (http://www.codigocero.com/). Esta colaboración, mensual, comeza cunha entrevista ao noso presidente, Manuel Vicente, e continuará con crónicas das nosas actividades, entrevistas con socios da AGC CCT e artigos de opinión, entre otras opcións que vos animamos a proponer a través do enderezo electrónico
ana.bellon@csic.es. Mentres pensas nas túas propostas, podes ver a entrevista a Manuel Vicente neste enlace (http://www.codigocero.com/Divulgadores-e-cientificos-galegos). ¡Agardamos que esta nova liña de actuación sexa do teu interese!