Onte, sábado 14 de xuño, celebramos a nosa terceira Asemblea e o III Encontro de Divulgacción. O panel de relatores foi do máis interesante e coma sempre que temos este tipo de encontros, sentimos que non nos chega o tempo a nada! Tanta información interesante, debate, novos contactos… Mentres preparamos máis material, deixámovos aquí unhas fotos de tan agradable evento. As imaxes son de Esteban Vázquez (@esteban_vf), un socio que estivo presente no acto (Grazas, Esteban!)