A AGC CCT apoio, co compromiso de emisión, a proposta presentada polo CSIC á FECYT-MINECO para a realización do proxecto de divulgación de ciencia mariña “KaleidoLabs”, do que tedes máis información no súa páxina en Facebook e conta en Twitter. A iniciativa estivo liderada polo IIM, contou coa colaboración da UCC do CSIC en Galicia e a financiación da FECYT-MINECO.

O resultado final son oito pezas que se dirixen fundamentalmente ao público infantil e amosan dunha forma divulgativa as principais liñas de investigación do IIM. Xuntan debuxos e fotografías realizadas polo alumnado de varios centros educativos de Galicia, collages e bonecos elaborados polos usuarios de APAMP, monicreques producidos e escenificados por Babaluva e o alumnado do CPI de Panxón e imaxes do medio natural e dos laboratorios do IIM.

Este é o canal de KaleidoLabs en YouTube.Presentámosche a primeira das pezas: