Sin-título-1

Ciencia á Feira

O 5 de decembro de 11 a 14 horas ós de Divulgacción imos montar no Culturgal un Punto Científico especial: Cíencia á Feira

Para pequenos e grandes

Estaremos na área infantil, pero ollo!, mentres os pequenos participan nos obradoiros de investigación mariña, biotecnoloxía na cocina ou un “bosque nun peto”, os maiores han quedar enganchados á sesión continua de minicharlas de divulgación científica.

20 divulgadores 20

Virus, mates, árbores, algas tóxicas, o ano da luz, postais planetarias, epixenética,… son algúns dos temas das minicharlas de divulgación. Nesta “Ciencia á feira” participaran 20 divulgadoras e divulgadores da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica.