Esta mañá, entre as 12.00 e as 14.00h, aproximadamente, estivemos nos xardíns do Concello de Ponteareas cun dos nosos Puntos Científicos.
A cita celebrouse no contexto da Semana das Ciencias que organizou o Concello de Ponteareas, unha iniciativa da que gozaron durante toda a semana escolares e veciños da vila.
A mañá presentábase complicada, con chuvias intermitentes pero intensas, que nos fixeron pensar na posibilidade de celebrar o Punto no interior do Concello. Finalmente apostamos por unha pequena carpa e os paraugas, pois concordamos que somos da terra da auga e mollarnos un chisco non nos asusta.
A decisión foi todo un acerto: os veciños demostraron que ás ganas de divertirse e aprender non se lle coñecen límites meteorolóxicos e alí estivemos, entre charlas e obradoiros ata as dúas da tarde.
Queremos dar as grazas aos veciños que viñeron compartir a mañá connosco e agradecer especialmente ao Concello de Ponteareas, ao Alcalde Xosé Represas, á concelleira Cristina Fernández, a Jorge a aos demais traballadores do concello involucrados na organización do evento, tanto a invitación como o trato tan cariñoso que nos deron. Seguro que nos veremos noutra ocasión!
Quí tedes unhas fotos, tomadas por Esteban Vázquez, socio de Divulgacción. Se che gusta o que ves e estás interesado en organizar algo así na túa vila, non o dubides, escríbenos a divulgaccion@divulgacccion.org.