A Rimma Kiselitsa (in memoriam)
O tempo vai rápido. Pasaron xa trinta anos desde a catástrofe, e aínda haberá que agardar ao vindeiro 2017 para que o novo “sarcófago” ̶̶̶ chamado agora “O Arco” ̶̶̶ recubra as feridas deixadas polo maior desastre da tecnoloxía humana. Mais será só un apósito provisorio que esconderá a chaga eterna, á escala humana, que quedou aberta na madrugada dun 26 de abril.
Case quixen dicir, o maior desastre da tecnoloxía nuclear con fins civís, pero aqueles reactores buscaban tamén, ou, quizais sobre todo, o plutonio co que seguir fuxindo cara adiante, nesa carreira sen sentido que os dous bloques mantiveron desde o remate da segunda gran guerra.
Cando estaban a piques de se cumprir vintecinco anos daquel abril de 1986, moi lonxe, en Xapón, o noso planeta pareceu querernos lembrar que o esquecemento é mal conselleiro, e lanzou desde mar adentro trece metros dun muro de auga salgada sobre a costa de Fukushima.
Pero esa, a do lonxano oriente, é outra historia que, aínda que moi dura, queda pequena comparada coa daquela primavera ao norte da Ucraína. Quen isto escribe pasou unhas horas en Chernobyl hai vinte anos, e durante case dez mantivo contacto epistolar con Rimma Kiselitsa, a valente guía que mostrou durante uns quince anos aos visitantes as diferentes caras da catástrofe. Morreu en 2006 cando tiña aínda moita vida por vivir.
Svetlana Alexievich, Premio Nobel de Literatura o ano pasado, deixounos un relato descarnado en forma de historia coral. “Voces de Chernobyl” pon o acento no é que é máis humano: a dor, o medo, a incredulidade, a mentira, o valor, a miseria, a entrega… Despois de ler eses centos de testemuñas, a outra literatura parece un simple exercicio de snobismo sen máis finalidade que a vanal evasión.
Pode que agora sexa un bo momento para repasar os feitos desde a perspectiva científica e con certa distancia, pero sen esquecer que alí houbo centenares, miles, de persoas que tiveron que deixalo todo, mesmo a vida, por mor do accidente.
Con todo, resulta moi difícil evitar un achegamento emocional a este asunto, e á enerxía nuclear en xeral. Cuestións como o perfil ideolóxico, a procedencia académica, e mesmo a sensibilidade de cada quen fan que non sexa fácil manter a desexable ecuanimidade. De seguido van unhas poucas referencias onde se poden atopar visións moi diferentes deste accidente, tamén sobre o uso da enerxía nuclear, e outros de carácter explicativo sobre conceptos básicos.
Ramón Cid
REFERENCIAS.
Aleksievich Svetlana (2015). Voces de Chernobil . Editorial DEBOLSILLO, 2015
Balonov MI. On protecting the inexperienced reader from Chernobyl myths. J Radiol Prot. 2012 Jun;32(2):181-9. doi: 10.1088/0952-4746/32/2/181. Epub 2012 May 8. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/22569279 (Revisado Maio 2016)
CSN (2010). Dosis de radiación. Consejo de Seguridad Nuclear. https://www.csn.es/documents/10182/914805/Dosis%20de%20radiaci%C3%B3n (Revisado Maio 2016)
Greenpeace (2006). The Chernobyl Catastrophe – Consequences on Human Health http://www.greenpeace.org/international/Global/international/planet-2/report/2006/4/chernobylhealthreport.pdf (Revisado Maio 2016)
Hernández Pedro J. (2016). Chernóbil y el imaginario popular. http://ecos.blogalia.com//historias/76312 (Revisado Maio 2016)
Peplow M. (2006). Special Report: Counting the dead. Nature 440, 982-983 (20 April 2006) | doi:10.1038/440982a; Published online 19 April 2006; http://www.nature.com/nature/journal/v440/n7087/full/440982a.html (Revisado Maio 2016)
Ragheb M. (2015). Probabilistic, possibilistic and deterministic safety analysis:Chernobyl accident.http://mragheb.com/NPRE%20457%20CSE%20462%20Safety%20Analysis%20of%20Nuclear%20Reactor%20Systems/Chernobyl%20Accident.pdf (Revisado Abril 2016)
SSE Chernobyl NPP. http://chnpp.gov.ua/en/ (Revisado Maio 2016)
UNSCEAR 2000. Annex J: Exposures and effects of the Chernobyl accident, Report to the General Assembly. http://www.unscear.org/docs/reports/annexj.pdf (Revisado Maio 2016)
UNSCEAR 2008. Sources and effects of Ionizing radiation United Nations Scientific Committee on the Effects of Atomic Radiation. http://www.unscear.org/docs/reports/2008/11-80076_Report_2008_Annex_D.pdf (Revisado Maio 2016)
World Health Organization 2006. Health Effects of the Chernobyl Accident and Special Health Care Programmes, Report of the UN Chernobyl Forum, Expert Group “Health”. http://www.who.int/ionizing_radiation/chernobyl/WHO%20Report%20on%20Chernobyl%20Health%20Effects%20July%2006.pdf (Revisado Maio 2016)
World Nuclear Association (2016). Chernobyl Accident 1986. http://www.world-nuclear.org/information-library/safety-and-security/safety-of-plants/chernobyl-accident.aspx (Revisado Maio 2016)
Yablokov A.V, Nesterenko V, Nesterenko A.V. (2009). Chernobyl: Consequences of the Catastrophe for People and the Environment. Annals of the New York Academy of Sciences .Volume 1181, December 2009. http://www.nyas.org/publications/annals/Detail.aspx?cid=f3f3bd16-51ba-4d7b-a086-753f44b3bfc1 (Revisado Maio 2016)