Vimos de comezar unha nova colaboración cun medio local: Radio Vigo Cadena Ser, grazas á cal contamos cunha sección para falar de ciencia e tecnoloxía co xornalista Mauro Picatoste no contexto do programa Vigo Hoy por Hoy.

A nosa estrea foi a pasada semana, cando o socio Manuel Herrador aclarou e respondeu preguntas sobre os efectos da explosión do material pirotécnico en Tui no pasado 23 de maio, sobre como se almacena o material explosivo e sobre edificacións. Podedes escoitar a sección aquí:

A segunda entrega desta sección de ciencia estivo protagonizada polos cambios no goberno de España, coa creación dun Ministerio de Ciencia e os nomeamentos dunha minsitra e un ministro que se teñen posicionado radicalmente en contra das pseudociencias. A intervención neste caso foi de Borja Merino:

A próxima cita será a vindeira semana. Poderedes escoitalo na 100.6 da FM na zona de Vigo ou a través da web da Cadena Ser, seleccionando Radio Vigo.