O próximo martes 27 de marzo ás 19 horas no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Santiago) presentarase ao público a nova versión do Álbum da Ciencia. O acto consistirá nunha mesa redonda de presentacións coas intervencións de Francisco Díaz-Fierros (O labor da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG), Xosé A. Fraga (O Álbum da Ciencia, obxectivos e contidos) e Ángel Carracedo (A xenómica galega no contexto mundial:unha ciencia sen historia pero con todo o futuro por diant
e).
O Álbum da Ciencia recollerá 300 entradas correspondentes a científicos e institucións relevantes. O formato online permitirá a súa actualización e unha maior difusión. O obxectivo é incidir na importancia da ciencia como ingrediente básico da cultura contemporánea e na posta en valor da comunidade científica.
Os textos serán o resultado dun proceso de investigación, polo que a súa elaboración corresponde a un equipo de máis de vinte especialistas. Pero o resultado final supón un material divulgativo de grande utilidade para diferentes profesionais (investigadores, divulgadores,
Desde o día 28 de marzo será posible acceder ás vinte primeiras biografías en wwww.culturagalega.org/