O venres 20 abril teremos en Vigo na sede da Fundación Barrié (Rúa Policarpo Sanz 31) o noso primeiro encontro anual no que celebraremos a asemblea anual e unha xornada para compartir experiencias e formación. Toda a xornada, agás a asemblea xeral, é aberta ao público interesado. Para a realización da mesma contamos coa colaboración da Fundación Barrié.

O programa do encontro é o seguinte:

BLOQUE 1: Compartindo experiencias

5:00  Relatorio “Cultura Científica, Arqueoloxía Pública e Cultura Popular en Galicia” a cargo de Xurxo Ayán, Arqueólogo do CSIC

5:30 Relatorio “Xénero, ciencia e comunicación” por Iolanda Casal xornalista de “El Correo Gallego”

6:00 Obradoiro: “Ciencia e Cociña” polo físico Martín Pérez Rodríguez e coa participación de Rafael Centeno, cociñeiro do restaurante Maruja Limón (Grupo Nove de Gastronomía)

DESCANSO 6:45 – 7:15

BLOQUE 2 

7:15 – 7:55 Asemblea xeral anual de Divulgacción (Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica)

BLOQUE 3

8:00 – 9:30 Relatorio invitado “Comunicación y cultura científica en tiempos de crisis” por Juan Ignacio Pérez Iglesias, cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.

Nota curricular sobre os poñentes convidadosbuy eriacta online