Aquí tedes o documental completo do que falamos no Punto Científico do Culturgal. A por el!

O proxecto baséase na produción dun documental de longa duración (40-50 min) e tres curtos, e a súa difusión a través de diversas plataformas. A produción audiovisual centrarase nos peixes Signátidos (cabaliños de mar, dragones de mar e peixes pipa) como ferramenta de sensibilización para a conservación da biodiversidade mariña. O fío condutor basearase na investigación que se realiza no IIM-CSIC, pioneiro a nivel mundial no estudo deste grupo de peixes.

A utilización destes peixes como emblema da biodiversidade mariña, responde á súa singular morfoloxía e bioloxía, con moitas características descoñecidas para o gran público. Tamén á súa vulnerabilidade e o seu estado actual de protección pola lexislación, debido á regresión das poboacións naturais que vai a acompañada, en moitos casos, da degradación dos seus hábitats, aspradeiras vexetais. Apoiándose no atractivo que teñen estas especies, en particular para público o infantil e xuvenil, este proxecto ten un elevado contido pedagógico e educativo.

Todo o material resultante é de acceso e distribución gratuita e está accesible a través do blog https://syngdoc.com